A Real Federación Española de Taekwondo deu a coñecer os Premios Nacionais 2019, entre os que figuran os galegos Alex Vidal, María Bautista e o club Suh Sport. A gala dos Premios Nacionais celebrarase o venres 31 de xaneiro (20:00 horas) en Torrelavega (salón de actos do Instituto Marqués de Santillana), coincindo coa celebración do Campionato de España de Combate e de Técnica.

O Suh Sport foi galardonado por ser un dos clubs que máis destacou na promoción do taekwondo durante o ano 2019.  Pola súa banda, Alex Vidal (campión de Europa de parataekwondo 2019) recibiu o premio ao mellor parataekwondista masculino do ano 2019, mentres que a xuíza internacional viguesa María Bautista recibirá a medalla de ouro ao mérito deportivo da Real Federación Española de Taekwondo.

Noraboa!