Esta fin de semana (23 e 24 de novembro) celébrase o Torneo Vila de Moaña, no que participarán mil taekwondistas   pertencentes a 56 clubs de Galicia, o resto de España e Portugal, ademais de 85 árbitros e 125 técnicos. En total, o Open acollerá a case 1.400 persoas.

 

O evento disputarase os días 23 e 24 de novembro no pavillón de Reibón. A xornada do sábado estará adicada á modalidade de combate con 501 participantes pertencentes a 43 clubs, 46 árbitros e 76 técnicos. De 9 a 13:30 horas competirán os participantes das categorías precadete, infantil, absoluto e máster, mentres que os cadetes e júnior farano a partir das 15:00 horas (ata ás 21:30).

 

O domingo (a partir das 09:00 horas) será a quenda para os participantes de técnica infantil e adulto, freestyle e exhibición. Na modalidade de técnica participan 342 deportistas de 33 clubs, 39 árbitros e 41 adestradores; mentres que en freestyle haberá 36 taekwondistas (8 clubs) e en exhibición, 118 participantes pertencentes a 5 clubs.

 

Este torneo é organizado polo club Hebe, en colaboración coa Federación Galega de Taekwondo, o Concello de Moaña e a Diputación Provincial de Pontevedra.