Galicia foi terceira no Campionato de España de Técnica Infantil por Autonomías, que se disputou hoxe en Alacante. A selección galega de técnica infantil acadou un total de dous ouros, dúas pratas e tres bronces.

Na categoría cadete dominio absoluto de Galicia con Daniel Areán (Neka) e Sara Pena (Patiño) na primeira posición. En infantil feminino, Yaiza Velo (Natural Sada) acadou a segunda posición, mentres que Lucas Yelo (Kiap) foi bronce na categoría masculina. En alevín os representantes galegos lograron a medalla de bronce: Samuel Crespo (Han’s Horan I) e Jessy Sun (Han’s Horan I). E finalizamos coa prata de Noelia Bernárdez (Patiño) en benxamín femenino, onde tamén participou Adrián Vidal (Natural Sada) que non puido lograr medalla (foi quinto).