Unha vez máis, impresionante a actuación da selección galega de técnica., no Campionato de España celebrado en Torrelavega, as e os nosos deportistas acadaron cinco ouros, unha prata e catro bronces. E con estes resultados, Galicia logrou o título na clasificación por equipos.

Proclamáronse campións de España Francisco Ramos (Natural Sport) e Laura Álvarez (Neka) na categoría cadete, Tomás Fernández (Kiap) en júnior masculino e en sénior 1, títulos para Raquel Guillén (Tao) e Alejandro Losada Rodríguez (Neka).

Ademais, Yaiza Velo (Natural Sada) logrou a medalla de prata en cadete feminino, tendo así a dúas galegas nos dous primeiros postos desta categoría.

E rematamos esta magnífica colleita de metais para Galicia con catro bronces. Zaida Velo (Natural Sada) logrou en júnior femenino, mentres que Daniel Areán (Neka) tamén o conseguiu en júnior masculino.  Ademais hai que destacar os bronces de Alejandro Losada García (Tao) en sénior 1 e de Noelia Pérez (Hebe) en sénior 2.