O Campionato Galego Promesas das categorías infantil, pre-cadete, cadete, júnior, absoluta e veteranos de combate reunirá o sábado 8 de febreiro no pavillón do Gatañal (Cangas) a 500  deportistas e 35 árbitros pertencentes a clubs de toda Galicia.

O mércores 5 de febreiro tivo lugar, na Casa da Xuventude de Cangas, a presentación deste campionato, que ten como obxectivo prioritario a promoción do deporte base, darlle continuidade a deportistas que aínda non se incorporaron á selección galega e promover o salto de categorías.

Ao acto acudiron Eugenio González (concelleiro de Deportes), Noelia Pérez (directora técnica da Federación Galega de Taekwondo) e Pablo Casares (director deportivo do Club Sares TKD Cangas).

O evento, que terá lugar este sábado 8 de febreiro no Pavillón Municipal de O Gatañal, transcorrerá en horario de 09:00 a 19:30 horas, e nel participarán 500 taekwondistas.

Unha das principais novidades deste ano é que o torneo se divide en dúas categorías, para dar cabida a moita xente e, ao mesmo tempo, protexer a aqueles deportistas que o necesitan e que precisan dun espazo para practicar a súa disciplina dunha forma máis amateur. Así a categoría A sería a de iniciación, mentres que a B, é  para aqueles deportistas que xa acadaron algún resultado en categorías infantil ou alevín, pero que no momento da participación No Galego Promesas sexan cadetes ou superior. Ademais, tamén por primeira vez, poderán participar neste torneo deportistas das categorías infantil e pre-cadete.

Circular

A competición, que leva xa con este ano once edicións disputadas no Gatañal, está organizada polo Club Sares TKD de Cangas, supervisada pola Federación Galega de Taekwondo e co patrocinio da Concellaría de Deportes de Cangas.

Entrada de balde