COMUNICAMOS QUE, POR RAZÓNS DE INSTALACIÓNS, A ASAMBLEA XERAL DA FGT PREVISTA PARA O VINDEIRO 15/02/2020, TERÁ LUGAR NO SALON DE ACTOS DA FEDERACIÓN GALEGA DE FUTBOL, ESTADIO SAN LAZARO. SANTIAGO DE COMPOSTELA ÁS 16.00 HORAS.

ASUNTO: CONVOCATORIA DE REUNIÓN DA ASAMBLEA XERAL DA FGT.

Coruña, 13/01/2020

Estimado/a compañeiro/a:

Pola presente teño o pracer de convocalo/a á reunión de carácter ORDINARIO da
Asamblea Xeral desta Federación Galega de Taekwondo que se celebrará o vindeiro
día 15 de febreiro de 2020 en Santiago de Compostela – Salón de Reunións da Real Federación Galega de Fútbol, Estadio Multiusos San Lázaro, dando comezo ás 16.00 horas en primeira convocatoria e ás 16.30 horas en segunda e última e que contará coa seguinte

ORDE DO DÍA:

1.- Comprobación de quórum.
2.- Lectura e aprobación da acta da sesión anterior se procede.
3.- Informe económico do ano 2019.
4.- Informe da presidencia do ano 2019.
5.- Informe dos distintos departamentos do ano 2019.
6.- Proxecto económico para o ano 2020.
7.- Proxectos dos distintos departamentos para 2020.
8.- Calendario deportivo para o ano 2020.
9.- Propostas dos señores membros.
10.- Rogos e preguntas.

Sen outro particular, reciba un saúdo afectuso.

Asdo. Juan Carlos Eiriz López.-     Presidente

CONVOCATORIA ORIXINAL NO ENLACE

NOTA: Calquera proposta que deba de ser debatida na asamblea xeral deberá
remitirse á sede da FGT antes do día 31 de xaneiro de 2020 vía email a
administración@taekwondogalego.com para facerlla chegar ós asistentes con
anterioridade á celebración da asamblea. Aquelas peguntas que requiran dispor
dunha información específica deberán de ser remitidas no mesmo prazo para
poñer toda a información ao respeto a disposición dos asistentes.

EN BREVE REMITIRASE DOCUMENTACIÓN DOS DISTINTOS DEPARTAMENTOS.

ENLACE PARA DESCARGA DE DOCUMENTACIÓN:

https://www.dropbox.com/sh/ced3naerfex51qr/AABGIyJbks1tNaYwhnEOXXtha?dl=0