Xa é oficial. O noso Alex Vidal (Natural Sport Ribeira) está clasificado para os Xogos Paralímpicos de Tokio 2020! O galego fará historia xa que participará nos primeiros Xogos Paralímpicos nos que o taekwondo forma parte do calendario.

Alex era o número 1 do ranking polo que a confirmación oficial parecía máis unha cousa de tempo, pero agora, con ela na man, pode comezar a planificar a preparación cara aos Xogos. Alex Vidal (categoría K44, -61 quilogramos) conta cun curriculum excepcional xa que foi catro veces campión de Europa (a última en Bari a finais de outubro de 2019) e outras tantos títulos mundiais. So lle faltaba poder ir a uns Xogos, ata agora imposible porque non formaba parte do calendario paralímpico, pero na primeira oportunidade, xa está clasificado!.

Noraboa Alex, e a seguir traballando!!