A selección galega júnior proclamouse onte vencedora do Open de Cantalejo (Segovia), superando a seleccións tan potentes como Castela e León, Madrid ou Valencia. Magnífica a participación das e dos nosos deportistas que lograron un total de 12 medallas (7 ouros, 2 pratas e 3 bronces)

 

Na categoría femenina houbo dúas finais galegas, no peso pesado e en menos de 63 quilogramos. En +63 quilogramos as protagonistas foron Elisabeth Piedras (Patiño) e Desiree Rivadulla (Suh Sport) e o título foi para a primeira, mentres que Rivadulla logrou a prata. Antía Sanchez (-63, Suh Sport) logrou o ouro fronte a tamén galega Uxía Rúa (Hebe), que foi segunda clasificada. Ademais tamén acadaron o ouro Uxía Sanmarco (-55, Tao) e Aitana Fariña (-44, Maniotas). E por último, destacar a medalla de bronce para Lucía García (-49, Kwon).

 

Na categoría masculina, os nosos representantes acadaron un total de 3 ouros e 2 bronces. Anxo Díaz (Garrapucho) logrou a primeira posición en -63 quilogramos, o mesmo que Isaac Blanco (-55, Maniotas) e Yeray Sabugueiro (+73, Natural) nos seus respectivos pesos. Ademais, houbo dous bronces, que foron para Fernando López (-73, Tao) e Fernando Davila (-48, Kae Sport).

 

Con este medalleiro, Galicia ocupou a primeira posición na clasificación por equipos, por diante de Castela e León (2ª) e Valencia (3ª). Ademais, Madrid foi 4ª clasificada e Castela a Mancha, 5ª.

 

Noraboa a tod@s!!!!